
O edificio da antiga Fábrica de Tabacos de Embajadores é de titularidade pública, e está adscrito ao Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral de Belas Artes (DGBA). Polas súas características, é patrimonio histórico, catalogado como Ben de Interese Cultural.
A Fábrica de Tabacos de Madrid desocupouse definitivamente no ano 2000, xusto despois da privatización de La Tabacalera/Altadis. O edificio quedou abandonado durante dez anos de progresivo deterioro e nulo mantemento, dez años de intermitentes loitas por abrir o edificio a un barrio escaso de espazos públicos.
La Tabacalera é un experimento. Unha vía para explorar novas formas de xestión do público e achegar estes espazos industriais en desuso a todas as persoas dispostas a traballar de forma colaborativa, horizontal e autosuxestionada.

VIS A VIS






















VIS A VIS
Ainoha Espada.
Escultora e fotógrafa
Contarános a súa experiencia desde unha óptica cidadá. Relatará a súa experiencia participativa e como se produciu o proceso de integración nos colectivos que compoñen o CSA.
Luis Calderón
Coordinador de comunicación
Luis forma parte do proxecto La Tabacalera desde os seus inicios no 2010 e compartirá con nós o proceso desde que non era máis que unha demanda veciñal.
Luis, ademais forma parte da comisión de comunicación de La Tabacalera de Lavapies e tamén coordina as relacións institucionais.